INTRODUCCIÓN
A unidade didáctica presentada co fin de dar cumplimeno á Tarefa Final do presente curso leva por título DOCUMENTAIS DE CULTURA CIENTÍFICA. Consistirá na realización dun documental sobre algún dos temas tratados na materia de Cultura Científica, normalmente impartida a alumnos de 4º ESO ou 1º de Bacharelato. A realización do documental sería un Proxecto a levar a cabo durante todo o curso (xa que os temas tratados usados como referencia polo alumnado poderían impartirse na primeira, segunda ou terceira avaliación). A duración "real", tempo calculado como necesario podería rondar a semana e media, de feito que si o alumnado escolle un tema impartido cerca do final do curso non sfra un agravio comparativo no que respecta ao tempo disponible. Existe a posibilidade de realizar o documental sobre un tema NON presente no curriculo da materia, previa autorización do profesorado que deberá reflexionar sobre as ferramentas e dinámicas que se poderían usar en cada caso.
O traballo está pensado para realizar de xeito colaborativo, mediante unha serie de tarefas a realizar de maneira asíncrona entre os distintos grupos, xa que algúns poden comezar a facelo na primeira avaliación e outros na última. Como a natureza de cada documental pode ser diferente, tamén o serán as ferramentas e métodos utilizados por cada grupo. Isto incrementa a complexidade do Proxecto, a camio de incrementar a libertade creativa e a autonomía de cada equipo. Sí existirán ferramentas comúns para todos, como o Taboleiro de Moodle no que se irán publicando os avances de cada grupo, xunto coas suxerencias tanto do profesorado coo dos compañeiros.
Os resultados finais, independientemente do seu formato, deberán poder ser presentadas ante o grupo nunha sesión especial dedicada en exclusiva a iso. Será o momento de ofrecer un feedback sincrónico e unha reflexión final, xunto con exercicios de autoavaliación e coavaliación.
OBXECTIVOS
O alumnado debe ser capaz de escoller por sí mesmos as ferramentas máis axeitadas segundo o formato final do documental que pretendan presentar. (O docente debe coñecer algunhas alternativas válidas para cada caso, aínda que non haberá problema en usar as ferramentas de máis fácil acceso.)
O alumnado deberá ser capaz de usar as ferramentas tecnolóxicas escollidas de forma efectiva.
O alumnado debe de ser capaz de extraer información obxectiva do tema estudiado, contrastando aspectos positivos e negativos
O alumnado debe poder presentar unha conclusión final, na que se poden engadir aspectos suxectivos e opinións, pero marcando estes aspectos de xeito claro.
O alumnado debe poder utilizar linguaxe científica, clara e precisa, pero tamén accesible para o alumnado.
O alumnado deberá poder ser capaz de escoller temáticas que sexan de interese para os seus compañeiros.
ACTIVIDADES
As actividades a realizar deen poder ser levadas a cabo de maneira asincrónica en todos os casos. O motivo é que os grupos que escollan como material de referencia un tema impartido na propia materia, querrán probablemente esperar a ter o tema en cuastión impartido e avaliado antes de comezar co Proxecto. Isto implica que cada grupo dará comezo ao Proxecto en datas diferentes. As presentacións dos resultados finais sí se poderán levar a cabo de manera máis ou menos conxunta reservando os últimos días do curso.
Existirán actividades comúns a todos os grupos, e outras poderían variar dependendo da natureza intrínseca do documental a realizar. Isto dificulta a función avaliadora pero incrementa a autonomía dos equipos en gran medida.
Actividades comúns a todos os grupos:
Actividade de avaliación inicial: pódese realizar cun formato tipo Kahoot ou Wordwall para gamificar a tarefa o posible. Deben incluirse cuestións que sexan relevantes para o tema escollido, polo que o deseño debe ser exclusivo para cada equipo. No caso de ter escollido unha temática que se corresponda con algún tema impartido na materia, o Kahoot ou Wordwall poderá ser usado de forma paralela durante o curso presencial "normal", de forma sincrónica para todo o grupo. Se un equipo escolle un tema fora do curriculo (e é aceptado) deberá deseñarse unha actividade equivalente para o grupo en cuestión. Os cuestionarios poderán gardarse ata o final do proceso, onde cada equipo podería volver a facelo e comparar os resultados obtidos ao final do proceso cos obtidos ao principio (o comentario dos novos resultados pode ir acompañado dunha actividade de reflexión ou mesmo autoavaliación informal).
Wiki: cada grupo creará unha wiki a modo de repositorio de todo o material recollido incluíndo un espazo para reflexións, dúbidas, organización e reparto de tareas; así como a inclusión do material audiovisual que se vaia elaborando.
Actividade de comprensión lectora: tendo o docente acceso á Wiki de cada grupo, pódese preparar nela un exercicio de comentario de texto, relacionado co tema de investigación do grupo.
Actividades de autoavaliación, coavaliación e reflexión: estas actividades poden facerse de forma similar para todos os grupos. A autoavaliación e reflexión final de cada grupo pode incluir cuestións sobre qué lles parece máis importante do que aprenderon, qué cousas poden aplicar na vida diaria, etc. Para a coavaliación "inter pares" pódense realizar rúbricas que teñan en conta tanto aspectos formais como de contido e interese. Neste caso, os ítems concretos de cada rúbrica poden ser lixeiramente diferentes para tender aspectos únicos de cada documental
Exemplos de actividades específicas para distintos grupos:
Dependendo da temática escollida os formatos de presentación do documental poden ser variados e requerir destrezas diferentes. Por iso o mello é ofrecer algúns exemplos...
- Documental sobre alimentación saludable: aínda que se poden realizar videos sobre o tema, as actividades que tiveron máis éxito neste caso foron a de presentación de murais físicos combinados con presentacións virtuais. As presentacións virtuais, en formatos como Canva ou PowerPoint inclúen información sobre os contidos en nutrintes necesarios para unha dieta saludable, consellos para facer exercicio e outros hábitos saludables... en formato físico (a presentar na aula) se fixeron murales nos que aparecían imaxes de refrescos, bollería e otros alimentos populares entre os alumnos e ao seu lado unha bolsita de azúcar con contido real en cada caso. Ver unha bolsita de 75 g de azúcar ao lado dunha foto dunha bebida enerxética pode resultar impactante. De forma adicional o equipo activo pode realizar cuestionarios anónimos sobre hábitos saludables e presentar os resultados en forma de porcentaxes (un exercicio con gran valor de reflexión para todo o grupo)
- Documental sobre o impacto do ser humano na natureza: de novo se poden facer presentacións en calquera formato, ou murais explicativos, pero neste caso tivo moito éxito o formato de documental, presentado como un documental de natureza. Utilizouse Youtube como plataforma de exposición e a ferramenta H5P de Moodle para a realización de percorridos, neste casounha zona de río e desemocadura na praia ao longo do cal se recolleron varias bolsas de plásticos e outros desperdicios. Youtube studio pódese usar taménpara editar os videos, cortar e pegar, engadir subtítulos... de xeito básico pero efectivo. Existen alternativas máis potentes como Movie Maker o PowerDirector.
- Documental sobre cultivo ecolóxico: foi un exemplo dun tema que non estaba recollido como tal no currículo pero foi aceptado. Se incluíron actividades semellantes as xa vistas (comentarios de texto, murales físicos con información sobre rotación de cultivos, fabricación e uso de compost). O máis atractivo desde o punto de vista visual foi o uso de técnicas de time-lapse para poder ver en poucos minutos o crecemento das plantas que durou meses, especies accesorias que aparecían e desaparecían... que serviu para dectarse de que un cultivo é un sistema dinámico, non estático.
AS CINCO CLAVES e FERRAMENTAS recomendadas
Clave 1: Auténtica e transferible
O alumnado ten que buscar por sí mesmo non soamente a información necesaria para realizar o documental senón que ten liertade para escoller a técnica e ferramentas preferidas (sempre coa axuda e guía do docente). un dos criterios de selección dos temas é que sexan relevantes para as persoas da contorna do alumnado, incluido o propio alumnado. Por iso penso que estos documentais propician a realización dunha avaliación motivadora, auténtica e transferible, capaz por exemplo de concienciar sobre os hábitos alimentarios ou ecolóxicos.
Clave 2: Claridade e transparencia
No Taboleiro de Moodle existirá un espazo común para todos os equipos e otro específico para cada un deles. Os obxectivos comúns para todos e os específicos de grupo estarán no seu lugar correspondente, así como un listado das actividades coas expectativas das mesmas e as datas suxeridas para ir completando cada etapa do proxecto. As avaliacións colaborativas contarán cunha rúbrica específica para cada proxecto na que se terán en conta aspectos formais e de contido.
Clave 3: Retroalimentación
No Taboleiro de Moodle cada alumno ou grupo poderán presentar dúbidas de modo individual ou colectivo. Pódese utilizar ferramentas como Socrative ou Kahoot para aportar un feedback inmediato, amas ferramentas permiten repetir os exercicios ata conseguir os resultados apetecidos. No caso de empregarse estas ferramentas como avaliación inicial, pódense utilizar tanto as respostas dadas como o propio feedback do alumnado a modo de guía para identificar os puntos febles do alumnado e axustar ónde se dee poñer máis atención e traballo.
Se suxire a realización de entregas parcias, ou polo menos ir revisando periódicamente o material aportado na wiki de cada grupo para ir aportando un feedack que informe sobre os aspectos incompletos ou susceptibles de mellora.
Asimesmo ao final do proceso se procederá a aportar feedback que recolla os aspectos máis relevantese os aprendizaxes mínimos obtidos tras cada revisión dos documentais definitivos: Qué aprendimos neste documental?
Clave 4: Participación activa
O alumnado non se limitará a visionar o resultado final dos traballos dos outros grupos, senón que deberá facer unha crítica activa e avaliable mediante as rúbricas deseñadas a tal efecto. Os propios grupos actuantes farán tamén unha autoavaliación que deberá ser colgada na súa sección do Taboleiro contestando preguntas sobre os puntos de maior interese, as aprendizaxes máis relevantes realizadas desde o seu punto de vista, propostas de mellora...
Clave 5: Reflexión
As autoavaliacións de cada grupo xunto coas coavaliacións inter-pares serven como reflexión ao propio docente: detectar os puntos de maior interese e os momentos de maior dificultade pode servir para un futuro rediseño e mellora das propias activades e incluso o Proxecto na súa totalidade.
De modo particular cada un dos grupos pode volver a realizar a Actividade de avaliación inicial e comparar os diferentes resultados obtidos. Se buscou de maneira explícita que cada un dos temas escollidos como protagonistas dos documentais poidan ser susceptibles a unha actividade síncrona, presencial e oral final: os debates dirixidos. Cae preguntarse cousas como: qué podemos facer a título persoal para mellorar a dieta ou outros hábitos de saúde? Sabemos que o exceso de plásticos está causando problemas ambientais, pero podemos prescindir deles? Cáles poderían ser as alternativas? Se os cultivos ecolóxicos teñen menores rendementos e prezos máis elevados, segue sendo unha alternativa viable? en qué casos?
AUTOAVALIACIÓN
Para dar cumplimento á segunda parte da tarefa final se procede a realizar unha autoavaliación da anterior Unidade didáctica. Se opta por realizar unha análise tipo DAFO para detectar debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades
Debilidades: a Unidade didáctica ten puntos débiles. En especial a complexidade da mesma, o feito de que se poda escoller o formato de resolución por parte do alumnado implica que deben aportarse coñecementos técnicos amplios (polo variado, non teñen por qué ser moi avanzados). Asimesmo, as técnicas de avaliación tamén deben ser case individualizadas (para cada grupo). O feito de irse realizando o Proxecto de forma paralela ás clases presenciais normais e a peculiaridade de que os distintos grupos comecen o Proxecto en diferentes momentos do curso son outros desafíos que presenta o deseño didáctico.
Ameazas: a ameaza máis poderosa é o risco de abandono e/ou desconexión por parte do alumnado. O alumnado e tamén o profesorado requiren un nivel de autonomía e autoesixencia elevados, do contrario o Proxecto se irá deixando de lado mentres estemos ocupados coas tarefas cotidianas do día a día. O feito de ter que aprender metodoloxías e técnicas dixitais novas pode incrementar o grao de frustración.
Fortalezas: o Proxecto permite fomentar tanto o coñecemento dixital no caso das ferramentas utilizadas como a autonomía do alumnado, que conta sempre co feedback dos compañeiros e os docentes; sen contar obviamente as aprendizaxes relacionadas co tema específico de investigación de cada equipo. Os temas son escollidos procurando que resulten de interese para todo o alumnado e xeneren aprendizaxes significativas.
Oportunidades: os procesos de autoavaliación permiten a mellora constante no deseño do Proxecto, de modo que canto maior sexa o número de oportunidades para implantalo maior será a axilidade á hora de resolver problemas e maior a capacidade de predicción para adiantarse aos mesmos. O grao de dominio das diferentes ferramentas irase incrementando co tempo, asimesmo algunhas ferramentas serán descartadas e substituidas por outras máis axeitadas. As competencias transversais adquiridas polo alumnado (capacidade de traballo autónomo e manexo de ferramentas dixitais, principalmente) son fácilmente escalables e trasladables a moitos outros ámbitos fóra do presente Proxecto.
Para tratar de minimizar as debilidades e ameazas do Proxecto debe incidirse na comunicación multidireccional. Debe realiarse recordatorios periódicos tanto para iniciar o Proxecto como para o seguimento do mesmo. As dificultades de tipo técnico deben tamén ser atendidas, de aí a recomendación de usar ferramentas axeitadas aos obxectivos buscados , que non son necesariamente as máis complexas. Tanto as temáticas como o modus operandi deben resultar no posible amenos para alumnado. Debe procurarse que en cada grupo exista un reparto equitativo do traballo, que non existan situacións de abuso e que ninguén quede illado dos compañeiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario