REFLEXIÓNS

3 comentarios:

  1. SOBRE A SINCRONÍA vs ASINCRONÍA

    O modelo clásico de ensino/aprendizaxe é presencial e busca no posible ser sincrónico: os contidos son impartidos a todo o alumnado de forma simultánea. Outro cantar é o aproveitamento do alumnado, claro. Cada caso é diferente, alumnado avispado que podería seguir un ritmo máis áxil, ou máis traballador que compensa calquera deficiencia con repaso na casa e cumplindo metódicamente coas tarefas sinaladas. E, por suposto, o alumnado con dificultades ou menor capacidade de traballo, que comeza a acumular adiamento na impartición das clases.

    O profesorado ten polo xeral o instinto e intención de non deixar a ninguén detrás. Como resultado, a miúdo se rebaixa o nivel da materia impartida para poder recuperar a sincronía, sendo o alumnado máis motivado o principal perxudicado.

    Este é quizais o punto feble máis notable do ensino/aprendizaxe presencial.

    No ensino/aprendizaxe a distancia (ou semipresencial) se presenta unha situación de asincronía total ou parcial. É total cando todos os contidos son presentados de forma telemática, existindo polo xeral un plazo establecido para a entrega de tarefas que sirvan para avliar e comprobar que se adquiriron os coñecementos impartidos ata certo punto. Pero os plazos son abertos e permiten realizar estas tarefas a un ritmo flexible e individualizado. No caso do ensino/aprendizaxe semipresencial estas tarefas estén entreveradas por exemplo con reunións virtuais para resolución de dúbidas ou outros eventos similares. Onde se require a actuación simultánea dun grupo se volve de novo á sincronicidade e á neesidade dun horario estricto. Pero a miúdo estas reunións son optativas e non un requisito indispensable para a superación do curso (aínda que sí recomendables).

    Os retos no ensino/aprendizaxe telemático ou semipresenciais non están relacionados co asincronicidade, desde o meu punto de vista un punto forte, como o é a flexibilidade temporal e incluso á hora de avaliar. As dificultades nesta modalidade poden chegar na forma de desconexión entre lumnado e profesorado ou entre o propio alumnado, ou a falta de aproveitamento do aprendido telemáticamente á hora de regresar ao e/a tradicional (desconexión entre modalidades).

    Éses son os retos a superar no presente curso...

    ResponderEliminar
  2. https://somup.com/cZhVYG5Xsn

    éste é o enlace ao video realizado mediante ScreenPal co fin de levar a término a tarefa 2.3 do curso de Ensino Semipresencial

    ResponderEliminar
  3. https://go.screenpal.com/watch/cZhVY9VMBhN

    é posible que o enlace correcto sexa este outro...

    ResponderEliminar

 Incorporación dunha Autoavaliación da proposta de Unidade didactica, na sección de Tarefa final. Formato de análise DAFO